Traballamos para axudar aos nosos pacientes a manter os seus pés saudables e funcionais, e ofrecerlles o alivio que precisan para levar unha vida plena e activa.
O noso obxectivo principal é proporcionar unha atención de calidade, personalizada e centrada nas persoas. Escoitamos atentamente aos nosos pacientes, realizamos preguntas detalladas sobre os seus síntomas e antecedentes médicos, e a partir dese información, deseñamos plans de tratamento individualizados que se axustan ás súas necesidades específicas. Crémos firmemente na importancia da prevención de patoloxías. Non só nos concentramos no tratamento das afeccións, senón que tamén nos aseguramos de que os nosos pacientes comprendan completamente a súa condición e como poden previla ou xestionala no futuro. Sempre nos tomamos o tempo necesario para responder a todas as súas preguntas e proporcionarlles as ferramentas necesarias para o coidado dos seus pés na súa vida cotiá.
Especialistas en podoloxía infantil, xeriatría, deportiva, pé diabético, estudo biomecánico da marcha, entre outras
Durante a nosa traxectoria profesional, tivemos o privilexio de traballar con diversos pacientes. Adquirimos unha ampla experiencia no diagnóstico e tratamento de afeccións podolóxicas, como calosidades, unllas encarnadas, verrugas plantares, pé diabético e moitas outras.
Grazas aos moitos anos de experiencia dos nosos podólogos, podemos tratar todo tipo de doenzas nos pés. Entre as doenzas, patoloxías ou enfermidades máis comúns que presentan os pacientes que nos visitan na nosa clínica, podemos destacar:
Política de Cookies | Avisos Legais | Política de Privacidade
Sitio web desenvolvido por Linckia